20 mar 2015

Ugía Pedreira

Verónica Martínez Mirás, de 2º ESO A, fálanos hoxe de Ugía. 

Ugía Pedreira naceu en Lugo, pero criouse en Vilaronte, unha parroquia do concello de Foz, onde viviu ata os 18 anos en que se muda a Santiago de Compostela para cursar estudos de Psicoloxía na Universidade.
Comezou a ser coñecida na música galega por tres discos que editou co seu grupo Folk, chamado Chouteira, e por distintas participacións e colaboracións noutros discos.
Desde os anos 90 tivo presenza na música rock galega da man de tres bandas: Xenreira, Matraca Perversa e Nen@s da Revolta. Posteriormente regresou cun proxecto de Marcos Payno.
No ano 2000 creou o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín. No ano 2008 este transformouse no Centro Galego de Música Popular e instalouse en Santiago de Compostela. Nel   naceron proxectos como Nordestinas, Marful e Ecléctica Ensemble
No 2010 lanzou o primeiro álbum coa banda Marful e publica a súa priemeira obra en solitario. Tamén,  nese mesmo ano, gravou un álbum co cantautor brasileiro Fred Martins. Algunhas das cancións que vos recomendo son: Havaneira de Ribadeo, Non sei, Romaxe a Santo André ou Acróbata, a que podemos escoitar no seguinte videoclip, en compañia de Fred Martíns. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario