28 ene 2015

1º Concurso de Microrrelatos Xuvenil O MEU CORPO OS MEUS DEREITOS


Os dereitos sexuais e reprodutivos son dereitos humanos que temos todas as persoas. Ter información sobre eles e unha axeitada educación sexual é básico para tomar decisións libres de coaccións, violencias, discriminación e estereotipos. 


Con este fin o Grupo de Educación de Amnistía Internacional da Coruña convoca o 1º concurso de microrrelatos xuvenil  O meu corpo, os meus dereitos.

Temática: calquera aspecto relacionado co título do certame, como pode ser a liberdade sexual e reprodutiva, a autoestima, o corpo como identidade persoal, publicidade e sexismo... etc.

Extensión máxima do microrrelato
: 250 palabras, sen incluír o título

Prazo límite de entrega:  23 de febreiro

Premio: lote de libros e escultura de Amnistía Internacional




  




No hay comentarios:

Publicar un comentario