17 may 2014

Por min o galego terá mil primaveras máis


Unha lingua só ten sentido se a falamos, porque só así garantimos o seu futuro. Por iso sementamos vida cando a empregamos, cando soñamos nela, cando bailamos ao seu son, cando nos indignamos coa forza que ela nos dá, cando a eliximos para transmitírllela ás novas xeracións, cando a protexemos dos que non nos entenden, cando codificamos o mundo a través dela... cando ti decides que é a túa lingua.
ProLingua quere que ese compromiso individual sexa visible nesta primavera. Polo que che pedimos que graves un vídeo dicindo Por min o galego terá mil primaveras máis (ou ben coa frase Por nós o galego terá mil primaveras máis,  se o fas en grupo) e que nolo envíes antes do 23 de maio a prolinguagalega@gmail.com. No correo indícanos o teu nome e apelidos, lugar de orixe e profesión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario