16 may 2014

II Certame fotográfico MIRA A TÚA CONTORNA


O ENDL do IES de Curtis convoca o segundo certame fotográfico dun proxecto plurianual que pretende dar a coñecer o patrimonio paisaxístico, medioambiental e artístico da nosa contorna.
BASES
1.  Participantes. Poderá concursar calquera membro da Comunidade Educativa que presente unha obra inédita e que non fora premiada ou seleccionada noutros certames.
2.   Tema. O tema da edición 2014 é a paisaxe, tanto a natural como aquela que reflicte a incidencia da actividade humana sobre ela.
3.     Datos técnicos.
·         As fotografías poderán ser en branco e negro ou en cor
·         Presentaranse en formato dixital JPG ou TIFF, coa máxima calidade
·         O número de imaxes por participante é ilimitado
·         Acéptanse retoques fotográficos, pero non fotomontaxes
4.       Prazo de entrega. O prazo límite de entrega é o 12 de xuño.
5. Presentación. Deberán enviarse por correo electrónico ao enderezo sondenoso.paisaxe@gmail.com. Xunto coa imaxe achegarase un arquivo no que figuren o nome e apelidos da persoa que a envía e curso ou estamento ao que pertence no seo da Comunidade Educativa.
6.  Premio. O gañador ou gañadora recibirá unha tableta dixitalizadora. A fotografía imprimirase en formato 30x50, enmarcarase e pendurarase nun lugar visible do centro xunto co nome do autor ou autora e o curso académico ao que pertence. Co conxunto das imaxes presentadas realizarase unha exposición.
7.  Xurado. Estará constituído por seis membros do profesorado e alumnado do IES de Curtis. O premio poderá ser declarado deserto ou, se pola contra a calidade dos traballos o require, engadirse accésits.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario