21 may 2014

O galego perde peso en Internet

No último ano, a porcentaxe do uso do galego reduciuse á metade, segundo datos estimativos de w3techs.com, pasando de case un 0,015% do total de contidos web no mundo a apenas un 0,0075%. A caída foi especialmente dramática durante os meses de maio, setembro e outubro de 2013.
Os datos actuais sitúan o galego moi lonxe dos idiomas que superan o 0,1% dos contidos en liña e que marca a fronteira entre as linguas consideradas relevantes na Rede e as minoritarias.
A lingua galega sitúase actualmente no posto 48 na clasificación mundial. 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario