22 may 2014

O agroglamour chega un ano máis a Cans

Co día dos veciños arranca a XI edición do Festival de Cans. 
Ademais de 17 curtametraxes e 18 videoclips, o festival acolle unha potente proposta musical: a celebración dos 20 anos da primavera do rock feito en Galicia e en galego, unha retrospectiva de documentais e videoclips do Xabarín, un concerto de Heredeiros da Crus, Kepa Junkera, Caxade, Los Coronas,   Os da Ría..., e así ata vinte actuacións musicais.
Aínda estás a tempo de asistir porque este venres poranse á venda as 100 últimas entradas; pero, aínda que non consigas ningunha, o 90% das actividades deste festival son de acceso libre.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario