14 feb 2014

O meu co galego é amor



No día dos namorados, achegamos un artigo de Fran Alonso titulado “O meu co galego é amor”. Nel cóntanos a súa relación coa lingua e, como “proba de amor polo idioma deste país”, déixanos un vídeo no que podemos escoitar a Iván Ares,  fillo de Pepa a Loba, de 1º ESO A.

Parabéns Iván,  a de Fran é unha das moitas louvanzas  a un vídeo que vai polas 12.000 visitas.




O dato é insubstancial pero vén ao caso para o que quero contar. Eu empecei a falar galego, a lingua que era a miña sen eu o saber, a tarde antes de cumprir os dezaseis anos. Lembro que Estados Unidos invadira Panamá ese mesmo día e que asociei aquela acción bélica, cruenta e colonialista, cunha outra batalla, persoal, que para min principiaba nese momento nas aulas do Instituto Santa Irene de Vigo. 


[…]


Como non era a miña vontade rematar así, cun velorio emocionado pero tristeiro, quería compartir aquí unha desas probas de amor polo idioma deste país, que tanto confortan e que tan ben fan. Chegoume este día en forma de vídeo, por aí polas redes sociais, pero semella que viña do futuro. Filmouse en Paradela, Teixeiro, en agosto de 2012. Fai parte do Projeto Não Lugar. A realización é de Tiago Pereira e a produción de Aitana Eanes, Davide Salvado e MPAGDP. Os cativos son Os Fillos de Pepa A Loba, Iván, Diego e Cristian, e póñenlle voz e corazón a todo isto do que aquí falo. Tan pequenos son e xa saben o que é o amor.




1 comentario: