Despois respondeu ás nosas preguntas. Estas foron moi variadas: algunhas sobre a obra en cuestión e outras relacionadas co seu traballo como escritora. Contounos que comezou a escribir cando tiña a nosa idade e animounos a presentar os nosos traballos a concursos literarios. Tamén nos comentou cales eran as súas lecturas preferidas e a importancia que tiña a lectura e a escritura na súa vida.
Finalmente, Andrea visitou a nosa biblioteca e alí concedeunos unha entrevista que publicaremos no blog en breve.
Moitas grazas Andrea polo teu libro, pola túa amabilidade e simpatía e, sobre todo, por compartir este tempo connosco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario