4 abr 2013

Ollos de aula nº 6

En abril, o mes dos libros, o tema da revista Ollos de aula, editada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística é o mundo da lectura. "Hai un acordo xeral sobre a importancia que teñen a lectura e a escritura na formación das persoas. Quen coñece o valor das palabras, quen é capaz de expresarse con claridade e rigor,será sempre unha persoa creativa e con criterio,dúas capacidades básicas nunha sociedade democrática". 
Os Programas de Cualificación Profesional Inicial (Lines Salgado), Como fago co meu fillo adolescente? (Alberto Casqueiro), as propostas de ocio de Gracia Santorum e a aprendizaxe de linguas no ensino son outros dos contidos que podemos atopar nesta entrega. 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario