2 abr 2013

A acampada

Déborah dos Santos, alumna de 3º de ESO e membro do ENDL, déixanos o relato dunha acampada moi particular...

A ACAMPADA



Recórdoo coma se fora hoxe, era un venres de primavera cando decidín quedar cos amigos. A idea era cambiar un pouco de aires, pero o que non sabiamos era que, máis que cambiar de aires, case cambia a nosa vida.

Eu estaba só na casa e aburrido e decidín enviar unha  mensaxe aos do grupo para preparar unha acampada de emerxencia, porque ninguén tiña nada que facer e así pasariamos o tempo entre colegas.

Finalmente decidimos ir Pablo, a súa irmá María e mais eu. Como eramos soamente tres optamos por ir á montaña d´A Curota, na serra do Barbanza. Eliximos ese lugar porque hai moitos anos os nosos pais tiñan ido xuntos, e aconselláronnos que foramos aí porque era moi fermoso.

Quedaramos ás cinco no parque diante da miña casa e xa decidiramos quedar soamente dous días. Leváronnos os país de Pablo e María. Ao chegar, tiñamos que subir polo menos a metade do camiño. Para que as cousas non foran tan aburridas Pablo non paraba de contar chistes malos e así  facíanos rir.

Xa pasaran un par de horas e aínda non encontraramos  onde deixar as cousas. Polo menos os nosos país tiñan razón, era un lugar moi bonito, e á metade do camiño para subir á cima, xa se vían unhas vistas preciosas. Aos poucos encontrabamos cabalos e vacas salvaxes de varias cores e con distintas manchas. Era moi bonito.

Ao pasar un cacho, María dixo pensativa:

-       Por que seguimos camiñando?

-  

  Porque aínda non encontramos o lugar idóneo para pasar a noite, dixen eu, con moita paciencia. 
    Rapaces, mirade cara alí, parece que hai unha cabana abandonada, interveu Pablo.

-        Primeiro debemos  ver se está en bo estado, contestou María.

-        Veña! Dixen eu con moita présa.

Entramos na casoupa, parecía confortable e estaba ben decorada. No salón tiña unha mesa pequena feita con madeira de castaño, tiña unha pequena televisión, máis adiante había tres portas e unha delas estaba pechada. Foi do noso gusto e decidimos pasar a noite alí.

Logo da media noite, empezamos a escoitar berros e os tres mirámonos aterrados. Pensamos en saír correndo, pero de golpe foise a luz e entón decidimos non separarnos. Cando volveu, María  xa non estaba. Comezamos a buscar asustados e de súpeto vimos enriba da mesa a foto dunha rapaza que se parecía moito a ela. Asustámonos. De seguido encontramos nun caixón os documentos da casa. Neles vimos que aquela casa estaba abandonada dende había tempo. Ao mirar para unha das paredes vimos un almanaque de bastantes anos atrás, o que nos fixo pensar que era do último ano no que aquela casa estivera habitada.

Seguimos investigando, cando María chamou a nosa atención porque estaba lendo un vello diario. Ao preguntarlle o que lía, abraiada, contestounos:

-        Mirade aquí vós mesmos.

Cando vimos o que ela nos mostrou quedamos espavorecidos:  no diario volvía aparecer a fotografía que viramos había pouco e falaba dunha rapaza que falecera nesa mesma casa. O parecido con María era moi grande.

Nese mesmo intre chamamos aos nosos pais para que viñeran recollernos. O medo fixo que a nosa aventura rematase antes do que pensabamos e non quixemos saber máis do que alí puido ter acontecido...


No hay comentarios:

Publicar un comentario