2 mar. 2017

Lingua de namorar



A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convocan unha nova edición do concurso Lingua de namorar.

Establécense dúas categorías de participación e tres premios por cada unha:
Categoría A: de 14 a 19 anos
  • Primeiro premio: Smartphone Wiko 5'' Qcore3, 16 GB
  • Segundo premio: Cámara instantánea Fujifilm 46x26 MM
  • Terceiro premio: Smartwatch Airis 1,54” Micro SIM, Micro SD
Categoría B: de 20 a 35 anos
  • Primeiro premio: Cámara réflex Canon EOS 1300D, 18 Mp, Full HD, WiFi
  • Segundo premio: Tableta Samsung Galaxy Tab A 10,1” Ocore, 16 GB
  • Terceiro premio: Smartwatch SPC 9616T
Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes en lingua galega cunha extensión máxima de 350 caracteres antes do 5 de marzo de 2017. Todos os textos presentados serán publicados na páxina do concurso identificados co seu título e mais cun número.
Do 6 ao 10 de marzo abrirase un prazo para votar por un máximo de 3 mensaxes de cada categoría. O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras entre as 50 mensaxes máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías.

Mensaxes gañadoras da edición de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario