16 feb. 2017

Dicionario dos apelidos en galego


A Real Academia Galega vén de publicar un dicionario dos apelidos en galego. A contraportada da obra di o seguinte: 

"Temos nas nosas mans Os apelidos en galego (Orientacións para a súa normalización), opúsculo que recolle mil cincocentos apelidos da nosa tradición, escolleitos, maioritariamente, cun criterio de frecuencia. Este Dicionario de apelidos resolve, practicamente, as dúbidas todas que suscita, entre nós, este capítulo da Onomástica galega. Chegouse a estas conclusións despois de non pouco esforzo filolóxico. A presente achega é unha das tarefas do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, seminario no que un equipo dirixido pola profesora Ana Isabel Boullón Agrelo, académica correspondente da nosa institución, elaborou o presente traballo" 

No hay comentarios:

Publicar un comentario