1 feb. 2017

Cartas de amor


Con motivo da celebración do Día de San Valentín, a Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela organizou un concurso de cartas de amor en galego no que poderán participar persoas maiores de 14 anos.

O prazo de presentación dos traballos inicia o 1 de febreiro e remata o 14 de febreiro ás 21.00 h. A extensión máxima admitida por carta é dunha páxina escrita a ordenador. 

As cartas deberán ir sen asinar e cun pseudónimo, e introduciranse nun sobre pechado. No exterior do sobre o/a participante deberá escribir "V Concurso Cartas de Amor + o pseudónimo" e no seu interior, ademais da carta, incluirá outro sobre pechado cos seus datos persoais (nome, apelidos, teléfono, correo electrónico e DNI). O sobre depositarase no buzón habilitado no mostrador de información do andar baixo.

Haberá un primeiro, segundo e terceiro premio dotados cada un deles cun lote de libros. A resolución do xurado farase pública o 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna.

No hay comentarios:

Publicar un comentario