24 ene. 2017

Ao teatro con Castelao!

Xana Cartón Morilla, de 4º de ESO, déixanos a crónica dunha actividade realizada a finais do trimestre pasado.


Os alumnos e alumnas de  4º da ESO e 2º de FP Básica fomos de excursión a Santiago, acompañados das nosas profesoras de galego. Ás dez xa estábamos en Compostela listos para ir ao teatro, pero como a obra non comezaba ata media hora máis tarde estivemos pasando o tempo nunha cafetería que hai cerca do Auditorio. Unha vez alí vimos a representación teatral dun dos libros que leramos na clase, Cousas de Castelao. A adaptación dramática realizada polos Quinquilláns recollía cinco “Cousas” que identificamos con facilidade; estaban enfiadas entre si e con outras partes do libro, o que o facía máis interesante.
Ao rematar o teatro fomos rapidamente ata a Praza do Obradoiro, onde nos esperaba José, un guía turístico que nos fixo un percorrido guiado polas prazas máis fermosas do casco histórico: Obradoiro , Acibechería, Praterías e Quintana;  dende alí,  continuamos ata a alameda e o monumento ás Marías. Como iamos escasos de tempo tivemos que botar unha pequena carreita ata o autobús, pero a xornada pagou a pena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario