24 jun. 2016

Romance da flor da auga


(Lagoa de Sobrado dos Monxes. Imaxe de Laura Míguez Sánchez, 3º ESO)


Mañanciña de San Xoán
mañanciña a máis garrida
que baila ao sol cando nace
e rí cando morre o día.

-Onde vai Nosa Señora,
onde vai Santa María?
-Vai cara a banda do mar ,
vai cara a banda da ría.

-Cal será a meniña, cal,
que colla a frol da auga fría?
-Non será dama nin deuda,
que será a princesa Aldina,
a princesa namorada
filla do Rei de Galiza.

Non hai outra como ela
tan feitiña e tan bonita
con aqueles seus ollos craros
do color da auga da ría.
Soio ti, Aldina, serás
que leve a frol da auga fría.

                                  Manuel Murguía


No hay comentarios:

Publicar un comentario