24 may 2016

Unha mirada matemática

A magnífica exposición de fotografía matemática que, dende hai unha semana, podes observar nos corredores do centro foi elaborada pola profesora Nieves Díaz Fernández, do IES Porta da Auga de Ribadeo. As 63 imaxes que a conforman permítennos “descubrir o que é capaz de ver o ollo guiado por unha mente instruída nas matemáticas”.

Míraa con atención, xa que o noso certame anual de fotografía: Mira a túa contorna, propoñerache, nesta edición, que fotografes as Mates. Achegaremos as bases nos próximos días.





No hay comentarios:

Publicar un comentario