22 may 2016

Tres cans de pedra para Lurna!



Recollendo cadanseu can de pedra por Lurna, Ana Seoane, Nani Matos e Manu Conde.


Parabéns polo labor ben feito! Arrinca con bo pé a que, de seguro, ha ser unha cumprida traxectoria de éxitos.  

O xurado da XIII edición do Festival de Cans, formado por Dani de la Torre, Belén Constenla, Manuel Jabois, Helena Miquel, Nacho Castaño e Ana Cermeño, acordou, despois do visionado das curtametraxes a concurso e a deliberación, outorgar os seguintes premios:

Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe, dotado cun Can de Pedra, para Lurna, por reflexar unha realidade social triste de algo que percibimos a diario como son os problemas de inmigración e por contalo e máis a forma na que está contado.

Premio do xurado á mellor actriz, cunha dotación de 250€ e Can de Pedra, para Diaryatou Daff por Lurna, por expresar simplemente coa súa mirada moitas cousas nunha interpretación moi complexa e contida. Así como a autenticidade na súa interpretación.

Premio do xurado á mellor banda sonora orixinal, dotado cun Can de Pedra, para Lurna de Manu Conde. O xurado salientou que se trata dunha banda sonora que fusiona matices étnicos e moi ben integrados co relato, e que funciona moi ben dramáticamente.


No hay comentarios:

Publicar un comentario