Sergio Vázquez, de 4º ESO, tráenos esta semana
unha curtametraxe de Jairo Iglesias que conta no seu haber con múltiples recoñecementos; entre
eles, o Mestre Mateo 2006.
Título: Cores
Director: Jairo Iglesias
Produtora: Mr Misto
Actores: Vicente de Souza, Alberto Rolán
Sipnose:
Dous soldados de distinto bando enfróntanse
durante a guerra civil. Un deles corre polo monte perseguido polo seu adversario.
Ten un pano roxo que simboliza o seu bando, pero el é daltónico e víao verde.
O absurdo das guerras ponse de manifesto ao
longo dos seis minutos de duración da curta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario