23 may 2016

Só queda esta semana para participar en Que se vexa! o galego



A Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) volveu convocar este ano o concurso Que se vexa o galego, no que algúns de vós xa participarades o curso pasado. 
Recordade as bases: 










CONCURSO EN TWITTER PARA QUE SE VEXA! O GALEGO

1. Fai unha foto alí onde vexas o galego: nun sitio que che guste, no que necesita ter maior visibilidade ou onde, desgraciadamente, non é do máis habitual velo.
[P. ex., no aviso dun ascensor, nunha pintada de declaración de amor na rúa, nun rótulo dun concesionario de coches ou nun anuncio de pizza]

2. Publícaa na túa conta de Twitter coa etiqueta #quesevexaogalegoenmarcada cunha frase positiva relativa ao ámbito ao que pertence a foto. Debes facelo a partir do día 9 de maio ás 11.00 h e até o 30 de maio ás 17.00 h.
[P. ex., “Como che me presta #quesevexaogalego no ascensor do meu edificio!” ou “Gústame #quesevexaogalego tamén para xantar pizza”]

E haberá dous premios!

-Un para a autora ou o autor do chío que cumpra os criterios do concurso e que máis rechíos teña o día 30 de maio ás 17.00 h. Anunciarase o/a gañador/a o mesmo día.
-Outro para o autor ou a autora do chío que un xurado formado por membros da directiva da CTNL considere máis orixinal, positivo, etc. Anunciarase o/a gañador/a ao longo do día 31 de maio.

Cada un dos dous PREMIOS consistirá en:
-Dous discos: Postal, de Chicharrón e Para unha vez que saímos, de Familia Caamagno.
-Dous libros: ¿A que altura está o ceo?, de Jorge Mira e Tattoos da Galiza, do Clube da Lingua do IES Marco do Camballón.
-Un libro-disco: A voz do vento, poemas de Manuel María, música de Fran Amil e A Tribo Incomprensíbel, e ilustracións de Jano.


Veña, anímate a facer Que se vexa! O galego ;-)

No hay comentarios:

Publicar un comentario