6 may 2016

Lanzan GalNet, o maior dicionario multilingüe do galego

O Google Translate emprega este recurso de lingüística computacional para traducir textos

O galego conta cun novo recurso de lingüística computacional, oGalNet, a versión galega do WordNet. Investigadores do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo, co profesor Xavier Gómez Guinovart á cabeza, foron os encargados de desenvolver esta ferramenta no marco do proxecto Skater (Scenario Knowledge Acquisition by Textual Reading), no que participaron tamén as universidades do País Vasco, Pompeu Fabra, Barcelona e Politécnica de Cataluña, baixo a coordinación desta última.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario