11 may 2016

III Certame Escolar de Blogs do IES de Curtis



En breve, estará listo o formulario para inscribir o teu blog e participar no III Certame Escolar de Blog do IES de Curtis. 
Recorda: 

REQUISITOS
1. A lingua empregada na redacción dos blogs será a galega.
2. Os blogs poderán realizarse de maneira individual ou en grupo.

TEMÁTICA
A temática é libre, pero valoraranse positivamente aqueles que dean a coñecer aspectos da cultura galega e desenvolvan contidos relacionados co ámbito do lecer e as preocupacións da xente nova: música, literatura, arte, ciencia, patrimonio, audiovisual, medioambiente, voluntariado, asociacionismo cultural, novas tecnoloxías, graffiti, banda deseñada, deportes, motor, videoxogos...

CRITERIOS DE VALORACIÓN
Teranse en conta os seguintes criterios:
   Calidade lingüística
   Interese dos contidos
   Deseño e orixinalidade
   Inclusión de contidos propios
   Actualización e número de entradas
   Recursos e enlaces de interese relacionados co tema elixido
   Aproveitamento das posibilidades que ofrece o blog: inserción de textos orixinais, vídeos, imaxes, audio...
   Participación e comunicación coa comunidade virtual (seguidores, difusión nas redes sociais, comentarios, visitas...)
Descualificaranse os blogs que conteñan insultos, contidos discriminatorios e /ou linguaxe non adecuada.
Penalizaranse, así mesmo, as malas prácticas; entre elas, a non inclusión das fontes das que se extraen imaxes e información.


No hay comentarios:

Publicar un comentario