10 may. 2016

A chave, un novo espazo para abrirmos o mundo



O nome galego das árbores, dos cogomelos, das bolboretas, dos anfibios, dos réptiles, dos cetáceos, das aves... son só algún dos recursos que podes atopar neste novo espazo web.
O proxecto, en palabras dos seus creadores, "súmase ao esforzo colectivo de lle dar valor e prestixio á lingua galega. Quere contribuír a que abandonemos os vellos prexuízos lingüísticos e, antes polo contrario, que sexamos unha sociedade con maior consciencia lingüística, máis animada a coñecer e a usar o galego.
A Chave quere abrir portas e achegar luz. É un dos propósitos da Chave que a cidadanía sexa máis consciente da dimensión comunicativa da lingua galega, da súa riqueza léxica e expresiva. Que a cidadanía poida ter chaves para entrar nunha nova dimensión lingüística e descubrir o pracer de se comunicar en galego".

No hay comentarios:

Publicar un comentario