O
pasado 18 de abril a rapazada de 1º ESO foI de excursión a Lugo.
Na primeira parte da mañá visitamos a Casa Museo de Manuel María,
chamada Casa de Hortas. Alí, un guía falounos de distintos
aspectos da vida e da obra deste autor ao que este ano se lle dedica
o Día das Letras. Ademais fixemos unha visita guiada pola casa na
que naceu o poeta e que foi recentemente restaurada. Chamounos
a atención que había poemas impresos polas paredes e nas contras
dunha ventá. Tamén visitamos o cemiterio onde está enterrado o
escritor e alí recitáronse poemas. Asemade, a outra metade do
grupo fixo unha pequena ruta ata a beira do río.
Na segunda parte da mañá desprazámonos ata a cidade de Lugo para ver
o Museo Provincial. Alí fixemos unha actividade relacionada cun
libro que estivemos lendo e comentando nas clases de Lingua: Contos
do Museo. Son catro relatos de
temática misteriosa que se desenvolven en maior ou menor medida no
citado museo. Algúns dos seus autores son tan coñecidos como
Agustín Fernández Paz ou Xabier Docampo. A actividade consistiu en
responder unha serie de cuestións relacionadas cos contos ou con
obxectos do propio museo. Dividíronnos en catro grupos e a cada un
asignáronnos un conto. A partir deste momento buscamos por todo o
museo as respostas e cando rematamos reunímonos para facer a posta
en común e o reconto das acertadas. Foi unha actividade moi
entretida. Mágoa que xa era hora de volver á casa e non nos deu
tempo a ver con máis detemento o museo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario