17 abr 2016

Son curtas: Conversa cunha muller morta

Mencía Corral, de 4º ESO, recoméndanos esta semana Conversa cunha muller morta. 

Título: Conversa cunha muller morta
Directora: Sonia Méndez
Produtor: Oroboro films
Actores: Camila Bossa e Luis Zahera
Ano: 2011
Duración: 14´
Sinopse:
Despois de 15 anos no cárcere, Luis volta á súa casa. Nada semella como antes e o único que o rodea son os recordos. Sen saber como, atópase falando coa súa muller morta. Helena fora asasinada polo seu propio home e agora volvera coa intención de pedir explicacións.

Ela ofrécelle unha oportunidade que Luís non sabe aproveitar e déixalle moi clara unha cousa: que aproveite ben a vida que lle queda, porque a eternidade vaille ser moi complexa!

CONVERSA CUNHA MULLER MORTA/ Conversación con una mujer muerta from SONIA MÉNDEZ on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario