2 abr 2016

Na Universidade. En galego con seguridade

Podes descargar AQUÍ o novo manual publicado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. 
Tenta ser unha continuación de En galego,  sen dúbida, que atendía máis a aspectos tipográficos e ortográficos. 
Este, céntrase na morfosintaxe. Entre outros, inclúe un capítulo sobre dereitos lingüísticos no ensino superior e outro sobre xentilicios. Ademais, aborda cuestións como:
  • A preposición a co complemento directo
  • A colocación do pronome persoal átono
  • Erros no emprego dos pronomes persoais
  • Supresión de elementos necesarios na oración
  • Usos incorrectos do infinitivo, participio e xerundio
  • Diferenzas entre o antepretérito de indicativo e o pretérito de subxuntivo
  • Emprego do infinitivo conxugado e do futuro de subxuntivo
  • Cuestións sobre algunhas perífrases verbais
  • Abuso da voz pasiva
  • A concordancia
  • A pobreza léxica
  • tratamento persoal
  • Outras eivas frecuentes
  • A escritura dalgunhas palabras

No hay comentarios:

Publicar un comentario