11 mar. 2016

V Premio de Poesía Carme Villaverde, convocado polo IES nº 1 de Ordes



V Premio de Poesía
Carme Villaverde

O Instituto Nº1 de Ordes, en colaboración co Departamento de Lingua e Literatura Galegas, a Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, comprácese en convocar esta quinta edición do Premio de Poesía, en lembranza da profesora Carme Villaverde Raña.



  

BASES:



1-Poderán participar alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato, ESA e Ciclos Formativos que cursen estudos en Galicia e non teñan cumpridos 20 anos a 31 de decembro de 2015.

2-Presentaranse tres composicións, con liberdade de metro e rima. Deberán ser orixinais, inéditas e escritas en lingua galega.

3- Remitiranse catro exemplares en papel en formato DIN A-4.
Só se fará constar o título da obra e un pseudónimo. En sobre a parte, pechado e co título da obra e o pseudónimo no exterior, incluiranse os datos persoais do autor: nome e apelidos, enderezo, teléfono de contacto, idade, curso e centro onde estuda.

4-As obras deberán ser enviadas ao
“ V Premio de poesía Carme Villaverde“
IES Nº1 de Ordes, Rúa Nicolás del Río, s/n
15680  Ordes,  A Coruña

5- Concederase un único premio de 400 euros. Se o xurado o considera oportuno, pola baixa calidade das obras presentadas, o premio poderá ser declarado deserto. A decisión do xurado é inapelable.

6- O xurado estará formado por profesorado de lingua e literatura.

7- O prazo de presentación rematá o 29 de abril de 2016 ás 14:00 horas.

8- O veredito do xurado darase a coñecer o día 13 de maio de 2016 ás 12:00 horas. Comunicaráselle persoalmente ao premiado.

9- A entrega do premio terá lugar nun acto que se celebrará na Casa da Cultura do Concello de Ordes o día 26 de maio ás 19:00 horas.

10- A obra gañadora será publicada na revista do centro” Para iso, para nós”          
Deseño orixinal de Sofía Rodríguez Duarte


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario