9 mar 2016

Son curtas: Coruña imposible

Sara López Fandiño, de 4º ESO, recoméndanos esta semana un clásico: Coruña imposible, curtametraxe dos anos 90 con numerosos premios nacionais e internacionais, entre eles a medalla de bronce do The New York Festivals 1996.
Ao longo de 11 minutos a angustia do protagonista apodérase de nós!  


Dirección e guión: Paco Rañal.
Dirección fotográfica: Sergio Franco.
Música: Claudio Canedo.
Produción: Cheché Carmona / Amalia Mato / Fernando Pereira.
Algúns dos actores que aparecen son: Roberto S. Luna, Vicente Montoto, Fely Manzano,  Manuel Ramallal, Xosé M. Baño, Isabel Vázquez e Mary Malvido.

Un home esperta pola mañá e, cando se levanta e refrega os ollos, de súpeto atópase nunha praza, en zapatillas e calzóns e con toda a xente mirándoo.
Bota a correr pola Coruña adiante para fuxir da xente. Tenta entrar nunha tenda de roupa pero bótano fóra. Despois de seguir andando atopa outra, na que ademais de roupa, tamén venden zapatillas coma as que el leva postas. Colle un xersei e un pantalón, ponos e tenta liscar de alí, pero unha das dependentas veo e obrígao a quitar a roupa e as zapatillas. Cando por fin consegue chegar á casa e abrir a porta, descobre que o pesadelo continúa.



2 comentarios:

  1. Encantoume. Foi o propio director o que a subiu ao YouTube
    http://www.acuartaparede.com/entrevista-paco-ranal/
    despois da desfeita de Flocos da http://cartaxeometrica.blogspot.com.es/2016/03/a-desfeita-de-flocostv.html
    Recólloa para o meu blogue.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, é unha xoia. Alegroume que os rapaces deran con ela.

      Eliminar