3 mar 2016

Son curtas: Aliendu


Xénero: Romántico
Produción: Escola de Imaxe e Son de Lugo
Duración: 8 minutos
Ano: 2011

Baseada en feitos reais, Aliendu narra a historia de dous mozos chamados Manuel e Josefa. El era natural da Fonsagrada e ela de Asturias,   coñecéronse na feira da poboación asturiana de Valdebois e  namoráronse. Ante a oposición do pai dela á súa relación, decidiron fuxir á Fonsagrada. O título da obra, “Aliendu”, significa alento ou respiración forte, e fai referencia ó esforzo e tesón da parella protagonista durante a súa fuxida ameazada polo medo que lle ocasionaba o pai da rapariga.
É unha historia que realmente me conmoveu, anímovos a que vexades.

               Rocío Sánchez Rico, 4º ESO



No hay comentarios:

Publicar un comentario