30 mar 2016

III CERTAME DE DESEÑO DE GALCAMISETAS DO IES DE CURTIS



Quita o deseñador/a que levas dentro, retranca e humor non che faltan, e participa no III Certame de Deseño de Galcamisetas convocado polo ENDL do IES de Curtis. 


Bases:


1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no centro. Non hai límite no número de modelos presentados por cada  concursante. 


2. Os modelos, orixinais e inéditos, deberán incluír texto en lingua galega, imaxe ou, preferentemente, unha combinación de ambos os dous para imprimir na parte dianteira e/ou traseira dunha camiseta. 


3.  Os deseños deberán facer referencia a algunha peculiaridade da idiosincrasia galega. Acadarán maior puntuación os referidos á realidade da contorna e valorarase, en xeral, a retranca, o humor e a orixinalidade. Rexeitaranse as mensaxes sexistas, racistas ou xenófobas.


4. O modelo elixido porase á venda para cofinanciar as excursións do alumnado do centro ou agasallar os relatores ou persoas convidadas ao noso IES.


5. A persoa gañadora recibirá un vale por importe de 30€, unha  camisetas de balde e a honra de que o seu deseño sexa lucido en todo o mundo mundial. 


6. O prazo de entrega ten como data límite o 18 de abril. Os traballos deberán presentarse no seminario de lingua galega ou en secretaría. Irán acompañados dun sobre pechado no que se inclúan os datos: nome, curso e grupo do autor ou autora. 


7. O xurado estará constituído por alumnado e profesorado do ENDL. 


Deseños gañadores: 1ª edición, 2ª edición






No hay comentarios:

Publicar un comentario