28 mar 2016

A afección ás verbenas e ás actividades artísticas amosan un mapa cultural alternativo do noso país


As comarcas urbanas do Eixe Atlántico amosan unha clara preeminencia no que se refire ocio e hábitos culturais no noso país. Asistencia a cinema, teatro e exposicións, índices de lectura ou participación en espectáculos musicais amosan, con lixeiras variacións, que é nestes territorios onde se concentra a actividade cultural segundo os datos do Instituto Galego de Estatísica que debullou o Observatorio da Cultura Galega na súa análise Ocio e hábitos culturais (II)
No entanto, a asistencia a festas populares, verbenas e orquestras revélase como o indicador que máis altera a hexemonía das cidades galegas nos hábitos culturais. Ao falarmos do interese por esta práctica, é a área Coruña Sureste (comarcas de Ordes, Arzúa e Melide), con cifras baixas na maior parte dos indicadores recollidos polo IGE, a que aparece á cabeza, cun 78% da poboación que asiste a estes eventos de xeito puntual ou habitual. 

Le a nova completa en culturagalega. org

No hay comentarios:

Publicar un comentario