22 feb 2016

Son curtas: A escola das areas

Josito Vázquez Lea, de 4º ESO, recoméndanos a curta da semana

Xénero: animación
Dirección: Tomás Conde e Virginia Curiá 
Ano: 2002
Duración: 11 minutos 


Baseado nun texto de Frei Martín  Sarmiento, esta curtametraxe foi realizada no 2002, ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas a este grande ilustrado.

Frei Martín Sarmiento vén a Pontevedra para buscar un remedio para a variola. Un mestre está dando clase e pregúntalle a Afonsiño, un alumno seu, cal é a cuna do latín. Afonsiño respóndelle en galego e o mestre dálle unha zoupada e dille que aprenda o castelán que o galego só vale para falar coas bestas. O crego discute co mestre sobre a necesidade de ensinarlles aos nenos en galego e comprométese a aprenderlle a Alfonsiño a escribir e a ler co seu propio método de aprendizaxe, e a cambio da cura para a variola. 

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario