17 feb 2016

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea ao químico Ignacio Ribas

O químico Ignacio Ribas Marqués será o homenaxeado este ano no Día da Ciencia en Galicia, a celebración promovida pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) para reivindicar a importancia da investigación a través das súas figuras máis destacadas. A homenaxe, que coincide co vixésimo aniversario do falecemento do investigador, foi aprobada unanimemente polos académicos a conta do papel de Ribas como artífice do despegue da química orgánica en Galicia grazas aos seus traballos sobre a obtención de produtos naturais a partir de especies vexetais autóctonas, continuado pola numerosa escola de discípulos aos que formou.

Le a nova completa en GCiencia (O portal da ciencia en galego).

No hay comentarios:

Publicar un comentario