27 ene. 2016

XVIII Edición do concurso gastronómico Peperetadas do Noso Entroido


Con motivo do Entroido, o ENDL do IES de Curtis convoca un concurso de sobremesas galegas que terá lugar o venres, día 5 de febreiro, de acordo coas seguintes bases: 


1. DESTINATARIOS
O concurso está aberto a toda a Comunidade Educativa: alumnado, pais e nais, profesorado e persoal non docente. 
Poderase participar de xeito individual ou en grupo, repartindo, neste caso, o premio entre os distintos membros.

2. RECEITAS E DATOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES
As sobremesas elaboradas deberán ser típicas do Entroido. Cada prato irá acompañado da correspondente receita, escrita en lingua galega e mecanografada nun folio dobrado á metade. Na parte traseira do folio figurarán os datos persoais do autor ou autora e na dianteira, a receita. Esta información entregarase, asemade, en formato dixital.

3. DATA DE ENTREGA
O texto da receita deberá entregarse aos membros do departamento de Lingua e Literatura Galega ou do ENDL antes do 3 de febreiro.
Os pratos elaborados presentaranse no patio cuberto o venres 5 de febreiro ás 8:45 h.

4. PREMIOS
Concederanse tres premios.

5. XURADO
O xurado estará composto por tres membros do alumnado e tres membros do profesorado. A súa decisión será inapelable. Valoraranse a presentación, o sabor, a creatividade e a orixinalidade do prato.


No hay comentarios:

Publicar un comentario