1 dic 2015

Son curtas: Xogo de nenos

Elvira Romero, de 4 º ESO, recoméndanos Xogo de nenos. Unha curtametraxe de triste actualidade que  aborda un tema que estamos traballando estes días nas aulas:  a violencia contra as mulleres.  

Título: Xogo de Nenos 
Director: Pachi Baranda
Productora: Plácido Baranda P.C.- Os Filmes da Píntega
Ano: 2009
Actores: Iria Sobrado, Xosé Pérez, Amancio Sanjurjo
Duración:  6´10"

Nunha urbanización de chalets, vive unha parella. El maltrátaa, e un día, cando se dispón a pegarlle co cinto, soa o timbre. Abre a porta e non hai ninguén, entanto ela aproveita para agocharse no baño. Cando volve a por ela, volve a soar o timbre e así ata 3 veces. E seguía sen saber quen timbraba. Quen sería?

XOGO DE NENOS from foucinhos on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario