Mencía Corral Ares, de 4º ESO A, recoméndanos unha curtametraxe moi acaída para a data.
Título: Os
defuntos
falaban castelao
Director ou
directora: Tomás Conde e
Virginia Curiá
Produtora: Emilia
Neira e José Mª Suárez
Ano: 2000
Sinopse:
Era unha aldea de poucos veciños e alí todos se coñecían. Aquela
noite non era coma as do resto do ano, aquela era diferente, era a de
defuntos. Pola tarde, uns homes, cansos de traballar, achegáronse á
taberna para cear. Sen que ninguén contara, por alí apareceu outro
home de rostro pálido, o que indicaba que algo o preocupaba. Os
demais non tardaron nada en preguntar polo seu estado. Este
contoulles que viña do cemiterio e, que estando alí, escoitara
falar aos defuntos e, por se iso non fora abondo, falaban o castelao!
A xente da tarberna botouse a rir sen crer unha palabra. Os máis
valentes quixeron comprobar se aquela historia era certa e aló
foron.
Aínda a día de hoxe, pode que sigan pensando que descubriron a
verdade, pero, en realidade, nin eles mesmos saben con exactitude o
que aconteceu esa noite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario