21 nov 2015

Sons de Nós, homenaxe musical á Revista Nós


A vindeira semana realizaremos o roteiro literario de Castelao e Otero Pedrayo. E xa que estamos coa Xeración Nós...


SONS DE NÓS (2015) é unha homenaxe musical aos poetas das Irmandades da Fala e da Revista Nós, realizada por 2na Fronteira, un dúo ítalo-galego de compositores e intérpretes: voz, piano e harmonio, constituído por Carmen Penim & Maurizio Polsinelli.
Músicos: 
Pablo Rodríguez (guitarra española);
Carmen Gallego (Nyckelharpa e violín); 
Segundo Grandío (contrabaixo); 
César Loureiro (zanfona); 
Paulo Nogueira (percusión) 
e Leandro Deltell (batería).



2 comentarios:

  1. Ola! Agradeceríase que aparecesen os músicos que publican o disco e compoñen 2naFronteira, ademáis dos músicos que colaboran nel...

    ResponderEliminar

  2. Efectivamente, Carmen, moitas grazas por avisar deste erro non intencionado, que corrixo de inmediato.
    Parabéns polo voso traballo. Escoiteivos hai pouco, no Museo do Pobo Galego, na inauguración da exposición de Baldo Rios e Pepe Cáccamo; magníficos, tamén nesta ocasión.

    ResponderEliminar