12 oct 2015

Son curtas

Son de noso abre unha nova sección: Son curtas. Nela os alumnos e alumnas de 4º ESO (ademais daqueloutros que queiran sumarse) recomendarannos cada semana unha curtametraxe galega. Inicia o espazo Andrea Juncal Mosquera con Bechos raros. 

Directoras: Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes
Produtora: Ficción Producciones S.L
Ano: 2006
Duración: 11: 32
Reparto: Estíbaliz Veiga, Xúlio Abonjo, Tamara Canosa, Javier Varela, Uxía Crespo, Evaristo Calvo. 

Mentras que Xosé Luis pertence á tribu urbana dos sinistros, Raúl é un friki dos videoxogos e Eva unha namorada da astroloxía.
Os tres son bechos raros  e sofren a marxinación dunha sociedade que os percibe como tal.
Esta curtametraxe fainos reflexionar sobre o diferentes que podemos chegar a ser, e ensínanos a ver que, en calquera caso, seguimos a ser persoas e seguimos a ter dereitos. Ninguén pode marxinarnos polos gustos que teñamos. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario