25 oct 2015

Pirámide de poboación de Boimorto e Curtis



Poboación segundo sexo e grupos quinquenais de idade de Curtis e Boimorto:

A comparativa das dúas pirámides de poboación reflicte a realidade da poboación destes dous concellos de forma gráfica e moi clara: así, nunha primeira ollada, permítenos ver que a poboación de Curtis case dobra a de Boimorto, e que a poboación dos dous concellos sofre un forte proceso de avellentamento, moito maior aínda no Concello de Boimorto, onde vemos claramente como a poboación se concentra nos grupos de máis idade.
Algúns datos de interese sobre a poboación destes concellos:
  • No 2014 a poboación total do Concello de Curtis era de 4.048 habitantes, fronte aos 2.115 de Boimorto.
  •  O saldo vexetativo, é dicir, a diferenza entre nacementos e defuncións nun mesmo ano, é negativo para os dous concellos, xa que que en Curtis rexistráronse 29 nacementos fronte a 68 defuncións, e en Boimorto só 10 nacementos e 50 defuncións. A baixa natalidade, visible na pirámide, explica este dato.
  • A idade media da poboación é de 53,4 anos en Boimorto, e de 48, 7 en Curtis,...



No hay comentarios:

Publicar un comentario