9 jul 2015

Marea teatral: catorce compañías ingresan en “Escena galega” nunha “acción colectiva”

 
Escena Galega  que agrupa a grupos de teatro, danza, circo e títeres, suma agora 33 compañías.  A recén nomeada directiva composta pola presidenta de Escena Galega, Belén Pichel (Abrapalabra); a vicepresidenta, Merce Castro (Eme2); o secretario, Xoque Carbajal ( Malasombra); o tesoureiro: Tatán Cuña (Tanxarina); e os vogais Xesús Ron (Chévere), Areta Bolado (A Panadaría) e Artur Trillo (Talía) convocan a unha roda de prensa en Compostela esta terza feira -Teatro principal ás 11.30 horas- para presentar os seus obxectivos e a estratexia que deseñan para acadalos. Entre os fins que se marca Escena Galega está “reconstruír o sistema escénico galego e sacalo da súa crítica situación actual, plantexar un novo modelo de subvencións e abrir novas dinámicas de traballo entre as compañías”. 
 
Le a nova completa en Sermos Galiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario