O 25 de xullo, celebrámo-lo día do noso país, en palabras de Castelao: "a festa maor de Galicia, a festa de todol-os galegos".
As orixes desta celebración remóntanse ó 1920, ano no que as Irmandades da Fala organizan o primeiro Día de Galicia como acto de afirmación da nosa identidade colectiva.
Dende esta primeira convocatoria, as manifestacións organizadas para conmemora-lo Día de Galicia estiveron sempre condicionadas pola situación política de cada momento, aínda que sempre tiveron como eixo central a reivindicación dos nosos símbolos e a nosa identidade coma país.
Durante a longa noite de pedra, as sociedades galegas na emigración manteñen acesa esta convocatoria e, en Galicia, o galeguismo se concéntrase ó redor da tradicional misa por Rosalía na igrexa de Santo Domingo de Bonaval.
A finais da década dos 60, as organizacións nacionalistas comezan a convocar concentracións en Compostela o 25 de xullo. É no 1973 cando se empeza a utiliza-lo termo "Día da Patria Galega", denominación que pouco a pouco se vai consolidando e que se mantén na actualidade, aínda que tamén se segue utilizando a de Día de Galicia.
Dende a instauración da democracia e a promulgación do Estatuto de Autonomía, a práctica totalidade das organizacións políticas e unha boa parte das institucións públicas programan todo tipo de actividades para conmemoraren esta data. Ás declaracións institucionais da Xunta de Galicia e do Parlamento Galego; ós bandos municipais chamando ós veciños e veciñas a celebra-lo Día e a coloca-la bandeira galega o mesmo 25 de xullo en rúas e balcóns; ás conferencias, mítins e xornadas de confraternidade que preceden ou teñen lugar o propio 25, hai que suma-las manifestacións populares de carácter reivindicativo que ese mesmo día percorren as rúas de Compostela.

Eis as proclamas que o xornal A Nosa Terra recolleu con motivo desta celebración dende 1920 ata 1935
- Ano 1920. Alborada
- Ano 1921. O Día da Galiza
- Ano 1922. O Día de Galicia
- Ano 1923. Día de Galicia do Ano 1923. Ofrenda
- Ano 1924. A Actualidade Galega
- Ano 1925. Día de Galicia
- Ano 1926. Ao decorrel-os días
- Ano 1927. Día de Galicia
- Ano 1928. Ao decorrel-os días
- Ano 1929. Ao decorrel-os días
- Ano 1930. Ao decorrel-os días
- Ano 1931. Ao decorrel-os días
- Ano 1932
- Ano 1933
- Ano 1934. Día de Galiza. Irmáns na Terra
- Ano 1935
No hay comentarios:
Publicar un comentario