30 jun 2015

Somos Reserva da Biosfera


Galicia é un pequeno gran prodixio da natureza. A cuarta parte da súa superficie, 7.326 dos seus 28.000 quilómetros cadrados, está declarado Reserva da Biosfera. É así unha das rexións da Terra con máis espazos protexidos pola Unesco: Área de Allariz, As Mariñas e Terras do Mandeo; Gerês-Xurés (compartida con Portugal); Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá; Río Eo, Oscos e Terras de Burón; e Terras do Miño.

As Mariñas e o Mandeo, a reserva á que nós pertencemos, ten unha superficie de 116.724 hectáreas. Abrangue dúas grandes concas fluviais, dos ríos Mero e Mandeo, e contén ecosistemas costeiros e de montaña que dan acubillo a unha gran diversidade biolóxica. A zona tamén conta cunha gran diversidade cultural relacionada co uso dos recursos naturais e a conservación das razas de gando locais A área comprende os concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Sobrado dos Monxes.

Dentro da reserva inclúense varios lugares de importancia comunitaria da Rede Natura 2000, como Betanzos-Mandeo, o esteiro do río Baxoi, o encoro de Abegondo-Cecebre, as brañas do Deo, a serra da Cova da Serpe, a Costa de Dexo-Serantes (tamén declarada monumento natural) e o tramo arteixán da Costa da Morte.

Esta información está extraída de GCiencia. Le o artigo completo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario