O ENDL do
IES de Curtis convoca o terceiro certame fotográfico dun proxecto plurianual
que pretende dar a coñecer o patrimonio paisaxístico, medioambiental e
artístico da nosa contorna.
BASES
1. Participantes. Poderá concursar calquera membro
da Comunidade Educativa que presente unha obra inédita e que non fora premiada
ou seleccionada noutros certames.
2. Tema. O tema da edición 2015 é a paisaxe, tanto a natural como
aquela que reflicte a incidencia da actividade humana sobre ela.
3. Datos técnicos.
· As fotografías poderán ser en branco e negro ou en cor
· Presentaranse en formato dixital JPG ou TIFF, coa máxima
calidade
· O número de imaxes por participante é ilimitado
· Acéptanse retoques fotográficos, pero non fotomontaxes
4. Prazo de entrega. O prazo límite
de entrega é o 12 de xuño.
5. Presentación. Deberán enviarse por correo
electrónico ao enderezo sondenoso.paisaxe@gmail.com. Xunto coa imaxe achegarase un
arquivo no que figuren o nome e apelidos da persoa que a envía e curso ou
estamento ao que pertence no seo da Comunidade Educativa.
6. Premio. O gañador ou gañadora recibirá unha tableta
dixitalizadora. A fotografía imprimirase en formato 30x50, enmarcarase e
pendurarase nun lugar visible do centro xunto co nome do autor ou autora e o
curso académico ao que pertence.
Co conxunto das imaxes presentadas realizarase unha exposición.
Co conxunto das imaxes presentadas realizarase unha exposición.
7. Xurado. Estará constituído por seis membros do profesorado e
alumnado do IES de Curtis. O premio poderá ser declarado deserto ou, se pola
contra a calidade dos traballos o require, engadirse accésits.
No hay comentarios:
Publicar un comentario