13 may 2015

Concurso de vídeo con móbil pola lingua

A asociación Queremos Galego Marín organiza I Concurso de Vídeo con Móbil pola Lingua.A participación está aberta a todas as persoas interesadas e os vídeos presentados deberán realizarse con teléfono móbil, tendo unha duración non superior aos tres minutos.
Os vídeos deberán sensibilizar sobre a importancia do uso do idioma galego, denunciar as agresións á lingua, visualizar as súas posibilidades, etc.
As persoas participantes deberán presentar as súas gravacións antes do 15 de xuño, en calquera formato de video, no enderezo electrónico de queremosgalegomarin@gmail.com, indicando o nome, e teléfono de contacto da persoa ou persoas que realizan o vídeo.
Haberá tres premios: o primeiro de 100€, o segundo de 75€ e un terceiro de 50€, mais un lote de libros para cada un.


Participamos? Haberá que quitar partido a eses cursos intensivos de creación audiovisual que recibistes na Semana Cultural, non?

No hay comentarios:

Publicar un comentario