27 abr 2015

Susana Seivane



 Verónica Martínez Miraz, de 2º ESO, fálanos da música que lle gusta.


Susana Seivane é unha gaiteira galega nada en Barcelona no ano 1976, herdeira da familia Seivane, unha das que teñan máis prestixio e sona no mundo dos gaiteiros en Galicia.
Cando cumpriu os tres anos, iniciouse no mundo da música da man do seu pai Álvaro Seivane e influenciada polo seu avó, Xosé Manuel Seivane. Dende moi nova, conseguiu  xa o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional galega.
Un estilo xenuíno está presente na súa forma de tocar, pois ela sabe sintetizar o estilo dos vellos gaiteiros. Tamén e capaz de crear un estilo propio, abrindo este valioso legado a influencia doutras músicas. Para isto rodéase dun elenco de músicos moi novos para o seu espectáculo.
En 1999 sae á luz o seu primeiro disco chamado Susana Seivane. Este traballo, baseado en temas tradicionais e composicións de artistas galegos, lévaa polo mellores escenarios de Folk Nacional e Internacional, e faille acadar grandes éxitos. Edítase en Europa e Canadá.
No 2º traballo Alma de Buxo, producido por ela, co asesoramento de Rodrigo Romaní, consolídase como unha artista galega de referencia do Folk. Tamén colabora con artistas como Uxía Senlla, Rodrigo Romaní entre outros, e co seu avó Xosé Manuel Seivane. Neste traballo aumenta a batería ou o baixo eléctrico e enriquece o disco con composicións propias.
No 2001 foi finalista dos Indie Awards, os premios que outorga a  Asociación de Musica Independente.
Mares de Tempo é o título do terceiro traballo que a leva polos mellores escenarios tanto en territorio nacional como internacional. Este traballo é un proxecto para o que Susana quixo rodearse dos músicos da súa banda dos últimos anos. Ademais de contar coa colaboración de recoñecidos intérpretes como Roberto Somoza (entre moitos outros) e, tamén ao colectivo de Música Tradicional Ruote da Coruña, sen esquecernos de quen está a ser un apoio de luxo colaborando coa súa arpa: Rodrigo Romaní. Este título leva a Susana a unha reflexión sobre o paso do tempo, da perda das súas cousas banais... tamén dixo susana que Mares de tempo é un disco de cabeceira para os amantes da boa música. Neste traballo Susana ademais de ser gaiteira agasalla o público coa súa voz.
Os soños que volven, é o seu último álbum, que viu a luz en 2009, dez anos despois do seu primeiro traballo.
Susana ten moitos premios pero quero destacar o Premio Xarmenta, que lle concederon no ano 2008 pola defensa da lingua galega.
Eu elixín esta gaiteira xa que a min gústame moito a música tradicional e tamén o son da gaita e, esta é unha das moitas gaiteiras que me chama a atención polo ben que toca.


No hay comentarios:

Publicar un comentario