23 abr 2015

Participa no concurso de publicidade organizado polo equipo de traballo da Biblioteca Sarmiento

Sabíades que no mundo da publicidade non hai nada que se manexe por casualidade? Todo está pensado e elixido con moito tino por unha cadea de profesionais que saben ben cal é o obxectivo do seu traballo: convencer aos potenciais compradores para que elixan un produto… e non outro.

Para iso, os publicistas contan con moitos recursos. Un deles é o nome que se elixe para unha marca ou produto: en moitas ocasións as denominacións son moi suxerentes e conteñen unha connotación que invita a comprar aquelo que se está anunciando.

No mercado actual hai moitos nomes comerciais que proceden, intencionadamente, de linguas diferentes ao castelán: do galego, do latín, do grego, do francés, do inglés… En ocasións abonda co prestixio que se lle supón á lingua da que vén a palabra (Nissan Micra, Le beau Male (de J. Paul Goltier), O rei Centolo, as gafas Ray-Ban…), pero en moitos casos o significado do termo na lingua orixinaria aporta características engadidas que animan aínda máis ao comprador a facerse con ese produto e non con outro. Así, por exemplo, a marca Sanex, fórmase sobre o verbo latino sanare e sobre o adxectivo da mesma lingua sanus,-a, -um, que reforzan a idea de vida saudable.

O equipo de traballo da Biblioteca Sarmiento convídate a facer un percorrido polo mundo comercial a través da exposición que se atopa nos corredores do centro. Mira toda a información que pode haber detrás de moitos nomes sobradamente coñecidos por todos nós e participa no concurso, contestando ás preguntas que cada día se formulan sobre os distintos paneis.


No hay comentarios:

Publicar un comentario