9 mar 2015

Luar na lubre



Luar na Lubre naceu no 1986 na Coruña. Dende as orixes tivo claro que Galicia e a súa cultura ían ser as protagonistas centrais das súas composicións, pero sen rexeitar outras influencias.

Eles fan basicamente música galega, estudan os cancioneiros galegos e falan coa xente do campo para continuar transmitindo o legado da cultura tradicional. Contan con gran variedade de instrumentos, e contan cunha vocalista cunha voz chea de matices. Con 12 discos (9 editados por Warner Music Spain), 300.000 discos vendidos, 2 discos de ouro, unha chea de premios e de concertos por máis de 23 países, Luar na Lubre é un dos grupos máis importantes, internacionais e estables de Galicia.

Actualmente na banda hai 8 músicos: Paula Rey (voz), Xulio Varela (Bazouki, voz e percusións), Bieito Romero (gaitas, acordeón e zanfoña), Eduardo Coma (violín), Patxi Bermúdez (bodhran, tambor e djimbek), Pedro Valero (guitarra acústica), Xavier Ferreiro (percusións latinas e efectos) e Xan Cerqueiro (flautas), dos cales, Xulio, Bieito, Patxi e Xan levan alí dende os comezos.

Ademais, o grupo tivo colaboracións de luxo, coma o recoñecido británico Mike Oldfield, a quen coñeceron no 1992, e lle deron un concerto privado nunha sala coruñesa. A partir de aí, xurdiu unha relación  de amizade, e Mike acabou facendo unha versión de “O Son Do Ar”, unha das canción más famosas de Luar na Lubre, e que acabou incluíndo no seu disco “Voyager”. En 1999, convidounos á súa xira “Then and now”, por diferentes cidades do estado.

Luar na Lubre leva moitos anos recollendo éxitos e levando a nosa cultura polo mundo adiante.

Laura Míguez Sánchez, de 2º ESO A, autora desta recensión déixanos un videoclip do grupo con unha das súas cancións máis coñecidas: "Tu gitana".

No hay comentarios:

Publicar un comentario