26 feb 2015

Ruxe Ruxe

Lucía Pérez López, de 2º ESO A, fálanos hoxe da súa banda de rock favorita: Ruxe Ruxe!

Ruxe Ruxe é un grupo de música galega formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996, por catro amigos de instituto: Xaco Barona (gaita), Xan Rico (frauta, harmónica), Jimmy “Carlitos Wei” (guitarra, coros) e Vituco Neira (guitarra e voz). 
A súa música é rock combinado con sons tradicionais galegos, empregando instrumentos eléctricos e elementos roqueiros xunto a outros máis tradicionais como a gaita. Nas súas letras, galegas, predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.
No ano 2000 sacan o seu primeiro disco “Non Temos Medo”, que os fai medrar e comezar a dar concertos por toda Galicia. 
En 2002 chega o segundo; “A Terra dos Comentos”. Con cada traballo o número de seguidores da banda aumenta, tal é así que empezan os concertos por toda a península, compartindo escenario con Wolfstone, Siniestro Total, Kepa Junkera, etc. 
No 2004 presentan o seu terceiro traballo; “Fervendo”, “Trece pezas en estado de ebulición , trece estalidos de rabia, festa e poesía, trece palabras arracadas do corazón, trece veces mala sorte e outras tantas de desasosego, trece baladas de rock&roll, punk e melodías roubadas a traizón”. O tema “Ás escuras” foi a cuarta canción máis votada polos seus oíntes na Radio Estatal de Polonia. Aquí é cando entran á banda Alberte (acordeón e piano) e Tonecho (batería).
O 2006 trae con el “Comercial”, o cuarto disco de Ruxe  Ruxe, que presentan da seguinte maneira: “once pensamentos en venda, once ideas pequenas e retorcidas que se cambian por diñeiro e que nunca estarán de saldo. Once principios escritos en papel de fumar e que arden entre os labios mentres enervan os teus argumentos. Comercial es ti comprando a nosa alma”. Este disco fai que dean máis de cincuenta concertos no ano 2007 por toda a Península, e volve a haber cambios; saen Alberte, Tonecho, Cándido e Marcos Colomar, e entran Martín Zapata (guitarra e coros), Óscar Nanuk (baixo) e Alex Sevilla (batería). 
O seu seguinte traballo “Xigantes”, (2008) é un disco máis lento, que ten unha gran acollida entre o público. Na súa presentación fan unha xira de trinta concertos. Antón Torroncho substitúe a Óscar Nanuk ó baixo. 
Pasan dous anos, tócalles sacar disco, esta vez é o momento de  “Na fura de diante”, co que volven os temas rápidos; “Na fura de diante é un océano  terrible no que ti e eu loitamos por seguir sendo peixes”
Para seguir, no 2012 chega “Máis cancións sobre cardos, toxos e silveiras”. “Mais cancións sobre cardos, toxos e silveiras son dezasete alentos de animais perdidos unha noite de lúa chea, raios e desamparo... Somos ti e eu namorados, fuxidos, espidos... “



No hay comentarios:

Publicar un comentario