12 feb 2015

2º Certame de Canción de Autor en Galego

Participantes. Poderán participar todas aquelas autoras/autores maiores de 15 anos que compoñan einterpreten temas musicais vocais, inéditos e orixinais en lingua galega.

Inscrición
A inscrición será totalmente gratuíta.O período de inscrición será do 29 de xaneiro ao 29 de marzo do 2015 ás 15h.
As bases e documentación para a inscrición descargaranse  exclusivamente    da web do Concello de Teo: www.concellodeteo.com
 
Final do certame.O evento celebrarase no Auditorio da Ramallosa o día 25 de abril do 2015.

Premios.Concederase un premio do xurado e dous accésits.
 

O premio do xurado constará dos seguintes agasallos:

- Gravación dun E. P. de catro ou cinco cancións, dun máximo de 25 minutos de duración. Farase con persoal técnico cualificado nos estudios Gourmet Sound da Coruña. A dita gravación contará co asesoramento técnico e artístico de profesionais mediante un plan de gravación que o/a artista se compromete a seguir e lle será entregado con anterioridade.
- Deseño gráfico do E. P. físico. A dirección do certame contará cun deseñador gráfico para queo/a gañador/a poida facer o deseño do E. P. no caso de que decida facer copias físicas; non obstante, o premio do certame non inclúe as ditas copias, cuxa realización será decisión e
responsabilidade do/a gañador/a. A organización do certame unicamente poderá asesorar o/a artista sobre a maneira de publicación deste E. P. (edición con algún selo discográfico,distribución en internet, etc.).
- Inscrición por un ano como socio/a de Músicos ao Vivo (colabora a Asociación Galega de Músicos ao Vivo).
- Organización e promoción dunha xira de presentación por diferentes localidades galegas.Consistirá en cinco concertos (as datas e os espazos están pendentes de confirmación).

O premio do público consistirá en dous accésit:

- Accésit á mellor canción.
- Accésit ao/á mellor artista.


Consulta as bases completas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario