24 feb 2015

II Certame de Deseño de Galcamisetas




II CERTAME DE DESEÑO DE GALCAMISETAS

Quita o deseñador/a que levas dentro, retranca e humor non che faltan, e participa no II Certame de Deseño de Galcamisetas convocado polo ENDL do IES de Curtis.

Bases

1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no centro. Non hai límite no número de modelos presentados por cada  concursante.

2. Os modelos, orixinais e inéditos, deberán incluír texto en lingua galega, imaxe ou, preferentemente, unha combinación de ambos os dous para imprimir na parte dianteira e/ou traseira dunha camiseta.

3.  Valoraranse os deseños que destaquen algunha peculiaridade da idiosincrasia galega e, en xeral, a retranca, o humor e a orixinalidade. Rexeitaranse as mensaxes sexistas, racistas ou xenófobas.

4. O modelo elixido porase á venda para cofinanciar as excursións do alumnado do centro ou agasallar os relatores ou persoas convidadas ao noso IES.

5. A persoa gañadora recibirá un vale por importe de 30€, unha  camisetas de balde e a honra de que o seu deseño sexa lucido en todo o mundo mundial.

6. O prazo de entrega ten como data límite o 16 de marzo. Os traballos deberán presentarse no seminario de lingua galega ou en secretaría. Irán acompañados dun sobre pechado no que se inclúan os datos: nome, curso e grupo do autor ou autora.

7. O xurado estará constituído por alumnado de Ciclos Formativos, Bacharelato e dous profesores/as do centro.


 

 










 Deseños gañadores da I edición




No hay comentarios:

Publicar un comentario