10 feb 2015

Fain@ gozar coa lingua

(Información tirada de Agasallo. eu )

Hai mil maneiras de expresarlle, día a día, hora a hora, o amor á parella. E, de vez en cando, tamén está moi ben facelo mediante un detalle, unha sorpresa, un agasallo. E o 14 de febreiro pode ser, por que non, unha data estupenda para facelo ;-)

Aínda que orixinariamente occidental, o Día d@s Namorad@s, San Valentín, foi estendido a boa parte do mundo. Dise que este día as persoas namoradas levan algunha prenda encarnada e, ademais, fanlle un agasallo a aquela persoa que queren. E nós propomos que, de facerse, se faga en galego, claro! E é que agasallar en galego é unha boa maneira de facer gozar coa lingua, non? :-P

Algo doce, como chocolate ou semellante? Pode ser unha frecha de chocolate con poema, como a que propón Fina Rei, ou calquera outra delicatessen como as de Catrineta ou Carabuñas. Ou un vermú! Boa idea, sempre é, claro, un libro, un disco ou audiovisual, e aquí ofrecémosche unha boa selección. E camisolas! Témolas, por exemplo, con identidade propia, como as de OZOCOgz ou Ovisio, ou éticas e ecolóxicas, como as de Cestola con Cachola, entre outras. E unha bolsa ou mochiliña? Ou un vinilo para decorar a casa! Xa está, unha pintura orixinal! Ou unha subscrición a un medio en galego. Ou calquera outra cousa por aí!

Así que, xa sabes, este 14 de febreiro fain@ gozar coa lingua!


No hay comentarios:

Publicar un comentario